Monday 29 de April de 2024

Concluídas as obras de reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira en Artes


O Concello de Ribeira informa da conclusión das obras para a reposición do pavimento asfáltico na estrada da Perdigoteira, na parroquia de Artes.
Operarios da empresa Nemesio Ordóñez encargáronse desta actuación, que supuxo un investimento de 51.927 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal POS+ 2018.
O vial obxecto desta intervención rexistraba un firme de calzada en aglomerado asfáltico bastante de deteriorado, especialmente nalgúns tramos. O obxectivo perseguido consistiu en mellorar o firme a través dunha capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor empregando un total de 866 toneladas. A principios desta semana se realizou o pintado da sinalización vial.